Asociación
ANAÍSA
artesanía
Cerámica, tecidos, deseño dixital.
Sexa cal sexa o teu produto, recibe a nosa benvida.
PRODUTORES
Queixos, marmeladas, cultivos sostibles
Fagas o que fagas, recibe tamén a nosa benvida.
EVENTOS
Feiras, obradoiros e demostracións.
Atoparás todo isto e moito máis na nosa web.



Benvidas e benvidos á Asociación Anaísa
Anaísa é unha comunidade viva que nace para poñer en valor a artesanía, os oficios tradicionais e a cultura local, empregando as novas tecnoloxías coma ponte cara ao futuro. Aquí atoparás non só un espazo de conexión entre artesás, organizadoras e persoas amantes do feito a man, senón tamén un lugar para aprender, compartir e celebrar a nosa identidade a través de cursos, obradoiros, feiras e eventos únicos.
Que facemos
O noso traballo

Portal Anaísa
Directorio de artesás, produtores, artigos de ambos e eventos ou talleres.

Eventos e obradoiros
Organizamos o evento Tece Marin dende o ano 2024

Charlas, cursos e eventos culturais
Proximamente gustarianos dar charlas e cursos de interese común.
